Eva Solla, coordinadora nacional de Esquerda Unida e vicepresidenta da Mesa do Parlamento de Galicia, Vanessa Angustia, senadora de En Marea e membro da dirección de Esquerda Unida e Xabier Ron, membro de executiva de Esquerda Unida participaron este luns 24 de xullo na mobilización da Plataforma das Vítimas do Alvia a prol de esixir xustiza e verdade no accidente de Angrois.
Esquerda Unida traballará para pular e conseguir que se saiba a verdade, fronte as mentiras do Partido Popular, e co fin de reivindicar xustiza polos 80 falecidos e 144 feridos no cuarto aniversario da traxedia. A estas alturas queremos saber o que realmente pasou, e sobre todo, queremos que se poñan os medios necesarios para darlle unha explicación ás vítimas e ás súas familias que son as protagonistas do día de hoxe e que, desgraciadamente, seguen a sufrir as consecuencias desta catástrofe.