logo eu ferrol.jpg - 1.91 Kb

Acondicionamento dos areais

 O verán xa chegou e non agarda a que o ritmo lento e cicateiro deste Goberno Municipal o atenda.

 

O verán non entende de recortes e a seguridade da nosa veciñanza debe constituír un imperativo para todas e todos nós, Goberno Municipal incluído”, advirte a Voceira do Grupo Municipal, Yolanda Díaz. Non cabe esperar nin un minuto máis, hai que por en funcionamento os servizos que permitan á cidadanía disfrutar con seguridade duns areais magníficos.

 

Se a xente xa está indo ás praias hai días, incluso semanas, non semella razoable que o Goberno non reaccione e poña en funcionamento un conxunto de medidas operacionais para os nosos areais: seguridade, servizos e reparación dos desperfectos que se poden apreciar nesas zonas, caso do paseo de madeira de Doniños que ten furados ou falla de papeleiras e que semella necesario arranxar cando estamos xa na tempada do verán.

 

Pedímoslle ao Goberno que rectifique e reaccione: que dende hoxe mesmo se proceda a despregar o servizo de socorristas así como os outros servizos que conforman a oferta de servizos dos nosos areais.

Relacionados