Acordo Consello Político Nacional

O Consello Político Nacional de Esquerda Unida aprobou por maioría levar a cabo unha coalición técnica con todas as forzas que queiran participar na fronte anticapitalista.Por cuestións de tempo e prazos electorais, Esquerda Unida formalizará unha coalición técnica para ter marxe de cara á consulta das bases. A convocatoria de Feijóo, no último día de prazo con respecto ás eleccións vascas, provocou unha redución de marxe para levar a cabo en tempo todos os contactos precisos para que a esquerda anticapitalista culmine nunha fronte hexemónica tan demandada pola cidadanía. A pesares del elo, é vontade de Esquerda Unida pular polo consenso da esquerda, polo que procuramos unha ferramenta que impida que o tempo sexa impedimento de desenvolver unha fronte ampla de esquerdas que sexa quen de derrotar as forzas sistémicas PP e PSOE.

 

As bases de Esquerda Unida decidirán en referendo a alianza con ANova. Serán as bases de Esquerda Unida as que teñan a última palabra en todo este proceso de contactos e acordos entre diferentes organizacións que se precipitou pola convocatoria anticipada de eleccións. O proceso de debate en Esquerda Unida está aberto e culminará o 13 de setembro coa celebración de referendo.

Esquerda Unida apela á construción dunha fronte anticapitalista e de esquerdas que responda á demanda da maioría social. É vontade de Esquerda Unida articular un novo suxeito política e social ao servizo da cidadanía.

 

Relacionados