Acordo pesqueiro con Mauritania

Alternativa Galega de Esquerda a través do seu deputado Juan Fajardo, lamenta a ratificación do acordo pesqueiro da Unión Europea con Mauritania, “absolutamente nocivo para a flota galega”. Fajardo critica, ademais, que este pacto condena ao desemprego a centos de mariñeiros e tamén resulta contraproducente para a propia poboación mauritana.

O parlamentario esixe que o Goberno central procure de contado alternativas para os mariñeiros galegos e que estas non pasen por faenar nas augas da Frente Polisaria. Ademais AGE agradece o traballo do BNG en Europa e o voto de Izquierda Unida contrarios a este perverso acordo pesqueiro.

Relacionados