Actividades extraescolares

 

Esquerda Unida considera que o Concello debería recapacitar e escoitar as nais e pais coruñeses. Así as ANPA coruñesas solicitan que se manteña a xestión centralizada das actividades extraescolares a través da Federación de ANPA como acontecía ata o momento, con todo a concellería de educación ten a intención de descentralizar a xestión entre os 20 centros públicos achegándolles a cada un 12.000 € sen importar o número de alumnos, nun claro intento de acadar a división entre os pais e nais dos distintos centros en base a fomentar a desigualdade.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que a política do Goberno municipal en educación constitúe un ataque á conciliación da vida familiar e laboral dos coruñeses. Pois obriga aos pais e nais de cada centro público a adquirir unha maior implicación na xestión das devanditas actividades extraescolares so pena de perder as actividades. Asemade a obriga de que a metade da subvención sexa para clases de apoio, encarecerá enormemente as actividades de ocio e deporte, facéndoas inviábeis en moitos centros o que obrigará aos pais e nais a ter que trasladar aos nenos a entidades privadas deportivas afastadas dos centros que de seguro ofertarán mellores condicións grazas aos incrementos das subvencións municipais reflectidas nos orzamentos.

 

En definitiva, atopámonos diante de políticas de dereita coas que o Goberno do PP está a atacar ao ensino público. Recorta 183.000 €, fomenta a desigualdade entre centros ao repartir 12.000 € a cada un sen ter en conta o número de alumnos, esixe maior esforzo aos pais e nais dos centros públicos ao desencetralizar a súa xestión, introduce na escola pública empresas privadas a impartir clases de apio, provoca o incremento do custo das actividades extraescolarers de ocio e deporte para que so podan acceder a elas os máis privilexiados e fomenta o abandono das actividades extraescolares en centros públicos para que a cidadanía acuda a entidades privadas previamente subvencionadas polo propio Concello.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, reivindico maior poder de decisión para a cidadanía e afirmou que “o PP está a gobernar de costas a veciñanza. Está caendo no mesmo erro que fixo perder o Goberno municipal ao PSOE”.

Relacionados