Acto de homenaxe a Miguel Hernández

 

Ante varias deceas de persoas, o camarada Juan Fajardo explicóu que este acto era ante todo un acto de afirmación das ideas do comunismo, e máis cando a voracidade da ofensiva do capital contra os traballadores obriga a respostar precisamente coa ideas do cambio revolucionario, coa alternativa  política, económica e social  da construcción do socialismo fronte ao capitalismo. Seguidamente tomóu a palabra o camarada Xesús Alonso Montero, veterán e inquebrantable militante, pero sempre disposto a organizar con forza e optimismo a loita contra os abusos que padecemos  no presente e por un futuro de triunfo comunista. Además de insistir con erudicción e maestría nestas ideas, fói desglosando a vida, a loita e o sufrimento de Miguel Hernández, e a súa significación e valor como autor poético. Fóronse intercalando lecturas de poemas de Miguel por parte da compañeira Laura Pérez Landeira, quen imprimiú e logróu trasladar ao auditorio  o sentimento e toda a profundidade dos poemas, acompañada pola profesional interpretación de violín do profesor do conservatorio de Vigo Leonardo Blanco. O acto rematóu coas notas da internacional no violín e o puño ergueito dos asistentes, ante a bandeira roxa coa fouce e o martelo e a bandeira democrática de todo o pobo, a republicán. Contamos tamén entre os que nos acompañaron co histórico militante comunista de Vigo Luís “Ferreiro” -do que recentemente estrenóuse un film que glosa esa dura e heróica militancia-,  e con Pablo Iglesias Núñez, tamén camarada en Vigo e fillo da Mercedes Núñez, comunista, supervivinte do campo de concentración nazi de Mauthaussen e presidenta ata a súa morte da asociación dos camaradas a antifascistas que sobreviviron a eses campos de esclavismo e exterminio.

 

Para rematar, unhas verbas do propio Miguel Hernández moi axeitadas aos tempos que vivimos…: “El que comercia con el pueblo lo traiciona, lo deshonra y lo vende. Acabemos con los traficantes que hacen mercancía y escarnio del pueblo

Relacionados