Jorge Gil Morabes, responsábel de organización de EU Galiza e segundo cabeza de lista, foi o conductor do acto, no que interviñeron Mariluz Canal, independente que ocupa a cuarta posición da candidatura, Luz Ponte, responsábel de comunicación comarcal e terceira cabeza de lista, Enrique Santiago, responsábel federal de Refundación Refundación e relacións políticas de Izquierda Unida e o coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía, César Santiso.
Abriu o acto Mariluz Canal quen indicou sentirse moi honrada e feliz de participares xunto con Esquerda Unida na transformación da Coruña, indicou que ten a esperanza de que a coalición EU-V obteña catro concelleiros, “facer un último esforzo, e transmitir aos indecisos que somos a alternativa”.
De seguido tomou a palabra, Luz Ponte, quen explicou a exitosa campaña de EU Coruña na rede que lle valeu o sobrenome de “Esquerda Multimedia”, Luz defendeu a liberdade na rede, e o rexeitamento da Lei Sinde, por outra banda explicou a proposta de implantación de software libre no concello da Coruña.
Posteriormente, nun brillante discurso, Enrique Santiago demostrou como o PSOE e o PP están a facer o mesmo tipo de políticas económicas neoliberais e como recortan dereitos e reducen o estado do benestar ao ditado dos mercados, xa que logo pediu o voto para Esquerda Unida, porque é o voto útil para a maioría social.
César Santiso, cerrou o acto facendo reconto da campaña, que non dubidiou en definila como un grande éxito, tanto polo seu estilo participativo e innovador nas asembleas de barrio e nas redes sociais, como polo esforzo desenvolvido pola militancia, “Con un orzamento de tan solo 3.000 € fomos quen de transmitir as nosas propostas, pragmáticas e reais, a toda a veciñanza, barrio a barrio,rúa a rúa, porta a porta. Con decisión, forza e valentía”.
O coordinador comarcal de EU repasou as principais propostas para reactivar a economía local a través do cambio do modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependente do petróleo e así, crear emprego estábel e de calidade, para o cal creará o Servizo Integral Municipal de Apoio a Emprendedores (SIAME) que ademais de xestionar un banco de locais permitirá a autónomos, PEME e pequenas cooperativas desentenderse dos temas burocráticos e administrativos para centrarse na súa verdadeira actividade produtiva, unha Empresa Municipal para Asegurar a Soberanía Alimentaria Coruñesa (EMASAC) encargada de recuperar o agro na bisbarra coruñesa, promocionando a agricultura ecolóxica, creando unha denominación de orixe que lle dea valor engadido aos produtos agrarios, xestionando un bando de terras da comarca e distriuiendo os produtos en mercados alternativos asegurando un prezo digno para labregos e consumidores ao tempo que mellorará a capacidade competitiva dos mercados municipais e o pequeno comercio alimentario diante das grandes superficies, asemade de nutrir cos excedentes a o banco de alimentos e ONG para asegurar que ningún coruñés pase fame.
Santiso defendeu o público como garante social, e indicou, en alusión ao bipartito coruñés, que aqueles que externalizan servizos masivamente, non son de esquerdas. Porque a esquerda defende o público, que é servizo para as persoas mentres que o privado é beneficio para o capital. Así apostou pola potenciación do público dende a eficiencia, algo que non sucede no concello porque os políticos non saben ou non queren reorganizar a Administración coruñesa, algo que EU-V fará de modo participado cos empregados e empregadas públicas a través do Plan de Reorganización Administrativa Coruñesa (PRAC). “Dende a miña condición de empregado público local e a experiencia e coñecemento do funcionamento dos concellos que me outorga a coordinación da administración local na comarca por CCOO, afirmo que unha reorganización eficiente que permita aumentar servizos sen aumentar custos é posíbel, sabemos como facelo”.
Por outra banda, prometeu transparencia, ética e austeridade e apostou por recortar os salarios en un 25% a os cargos públicos e de confianza, un 50% aos grupos municipais e o número de asesores e rebaixar un 75% do orzamento de relacións públicas e protocolo. Asemade de asegurar que “os expedentes de contratación de obras e servizos mais os de subvencións publicaranse na web para que todos os empadroados teñan aceso a eles cando o desexen”, apuntou.
O candidato á alcaldía rematou dando por feito que EU-V terá representación en María Pita, “Traballamos duro para conseguilo e imos a facelo realidade co voso apoio, porque xuntos, todos e todas, estamos construíndo alternativa”. Solicito a veciñanza crítica de esquerdas unha oportunidade para a súa formación. “chamo a rebelarse aos desencantados da política e dos políticos e aos que non creen neste sistema, porque outro mundo non so é posíbel, senón que é necesario. O 22 de maio non vos quededes na casa, nesta ocasión darnos unha oportunidade porque hai alternativa, porque outra política é posíbel e nos non fallaremos”.
Esquerda Unida emite os seus actos en directo a través de USTREAM. Podes ver o acto aquí