No debandito acto particparán: Mariluz Canal, independente que ocupa a cuarta posición na candidatura, Luz Ponte, responsábel de comunicación comarcal e número tres da candidatura, Enrique Santiago, responsábel federal de Refundación y relaciones políticas de Izquierda Unida e o coordinador comarcal de EU e candidato á alcadía, César Santiso.
Este mércores desenvolveuse unha nova Asemblea de Barrio Castros-Castrillón, actos públicos nos que Esquerda Unida pretende involucrar a veciñanza en canto á participación cidadá e orzamentos participativos.
O acto contou coa participación do responsábel comarcal de movementos sociais, Miguel Novoa e o coordinador comarcal e candidato á alcaldía, César Santiso. O primeiro incidiu na participación cidadá, mentres que o candidto esbozou as principais propostas programáticas, incidindo no Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME) para PEME, autonónomos e pequenas cooperativas, que Eu deseñou para reactivar a economía local mediante o cambio do modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependente do petróleo que permitirá crear emprego estábel de calidade, o apio ao pequeno comercio mediante o plan de reactivación da vida nos barrios.
Por outra banda a asemblea abordou os problemas de mobilidade, onde Santiso explicou o Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostíbel desenvolvido por EU-V para racionalizar o uso do vehículo privado a motor e así, reducir a dependencia do petróleo e reducir a contaminación na cidade e as emisión de Gases de Efecto Invernadoiro (GEI) causantes do calentamento global.
A Asemblea proloongouse por espazo de mái de hora e media, na que se desenvolveu un interesante debate entre os asistentes en relación coas propostas achegadas dende Esquerda Unida – Os Verdes.
Salientar que o acto emitiuse en directo en Internet a través de USTREAM e que os cibernautas desenvolveron preguntas dende o twitter que o candidato respostou como si estivesen presentes no acto.
Esquerda Unida emite os seus actos en directo a través de USTREAM. Podes ver o acto aquí