Os mercados están expectantes para comprobar a reacción da cidadanía nas urnas, si esta mantense apática ou apoia as políticas económicas neoliberais de PP e PSOE, entenderán que os cidadáns aceptan os recortes e, xa que logo, forzarán aos gobernos a aplicar recortes moito máis agresivos, polo contrario se a verdadeira esquerda incrementa os seus apoios, comprenderán que a cidadanía non acepta este tipo de recortes e reducirán a súa presión sobre a maioría social.
A coalición Esquerda Unida – Os Verdes presenta, no acto inicial de campaña, a súa candidatura ao Concello da Coruña, unha candidatura plural de esquerdas que conta con nove independentes.
O acto desenvolverase o venres, 6 de maio de 2011, as 20:00 h. No CEIP Eusebio da Guarda na praza de Pontevedra e contará coa presencia do responsábel federal de economía e traballo, José Antonio García Rubio, quen explicará as medidas de Izquierda Unida para xerar emprego e saír da crise pola esquerda.
Abrirá o acto o ex-secretario xeral do sindicato nacional de CCOO e número cinco da candidatura, Suso Díaz. De seguido tomará a palabra a independente e número catro da candidatura, Mariluz Canal, prestixiosa avogada coñecida polo seu compromiso na loita pola defensa dos dereitos sociais e pola igualdade entre mulleres e homes. Posteriormente intervirá García Rubio e pechará o acto César Santiso, coordinador comarcal de EU e candidato á alcaldía.
César Santiso indicou “O maior problema da veciñanza é o desemprego e a crise económica, por iso neste primeiro acto decidimos contar coa presencia dun sindicalista de recoñecido prestixio e compromiso coa clase traballadora e do máximo responsábel da nosa organización a nivel estatal, para que expliquen que hai alternativa, que se pode saír da crise sen recortar os dereitos da maioría social”.