Yolanda Díaz, Javier Galán e Xosé María Dobarro tomaron a palabra para defender, explicar e debater as ideas e propostas que EU ten para San Xoán e o conxunto da cidade. A xuntanza que se produciu no local da asociación vecinal comezou coas verbas de Yolanda Díaz nas que resaltou o valor da relación fluída e de igual a igual coa veciñanza para construír unha cidade participativa e coas dotacións e servizos públicos suficientes.
Esquerda Unida avogou por redefinir e acondicionar o cuartelillo da policía para convertelo nun Centro Cívico para o barrio, que sirva de nudo de relación e fomente a vida social no barrio.
Yolanda lembrou a proposta programática que Esquerda Unida ten para situar un centro de saúde e asistencial no barrio, consonte o plan de extensión que en materia de saúde pública presenta EU para o conxunto da cidade. A cuestión da reurbanización das rúas Basanta e Espiño para garan<r a seguridade vial e acomodalas á intensidade do tráfico que soportan, foron outras das demandas expostas no debate polas veciñas e vecinos.