No acto público intervirán en primeiro lugar: a concelleira de EU e a continuación diferentes veciños/as que asinaron o manifesto para expresar as súas preocupacións e o por qué da súa sinatura do manifesto non sendo militantes de EU-IU.As intervencións serán seguidas dun debate e rematará o acto cunha pequena pinchada na que o diálogo distendido sexa o principal.
Este manifesto asinado por máis de 100 veciños/as ten a súa esencia na necesidade que temos dende a esquerda de presentar un novo proxecto para o pobo, partindo do esgotamento do actual equipo de goberno, sumido na paralise total.
O manifesto foi asinado por persoas de diferentes sensibilidades dentro da esquerda e quere ser o punto de partida dun programa municipal que poida representar á maioría social e ás súas aspiracións como pobo.
Este manifesto abrirá un novo período en Mugardos caracterizado por unha esquerda máis plural, na que a participación directa dos/as veciños/as nas decisións sexan unha realidade.
A partires de maña a poboación de Mugardos ten un novo instrumento para poder participar no día a día da política municipal para defender os seus intereses e para constuir unha nova realidade en Mugardos dende unha prespectiva de esquerdas, que supera o proxecto que representa EU.
Este é un primeiro pero importantisimo paso para a recomposición dun espacio determinante dende a esquerda nas decisións municipais.
Dende EU-IUqueremos agradecer publicamente ás persoas que asinaron o manifesto a súa contribución para a reconstrucción dun espacio imprescindible que teña capacidade de decisión determinante na institución municipal.