acto - revolucin no mundo rabe copiar.gif - 18.87 Kb

Acto Público “A revolución no mundo árabe”

 

Brais Fernández xustificou a programación deste acto debido á emerxencia de difundir e reflexionar dende a esquerda sobre procesos revolucionarios que están a ter lugar no mundo árabe; así mesmo presentou o primeiro número da revista “Lucha de clases” coa que a pretenden contribuír á formación ideolóxica da clase traballadora fronte ao xigantesco aparato mediático do capital.

O profesor de historia, Xaquín Pastoriza, realizou un minucioso análise sobre os acontecementos acaecidos no mundo árabe durante os últimos meses, en especial en Túnez, Exipto e Libia; Pastoriza salientou como dende os medios de comunicación de masas trata de ocultarse o carácter de clase das reivindicacións así coma a relevancia dos sindicatos e do movemento folguístico nestes procesos revolucionarios.

Rubén Pérez Correa destacou a relevancia do Magreb (especialmente en Túnez e Marrocos), coma destino da deslocalizació de  distintas empresas da comarca de Vigo, cunhas condicións de explotación e represión laboral extrema. Así mesmo, e en coherencia coa postura de IU, expresou o seu rexeitamento a unha intervención militar en Libia dirixida pola OTAN, que só buscaría satisfacer os intereses do capitalismo europeu e norteamericano e facilitar un seu acceso, todavía máis barato, aos recursos petrolíferos e gasísticos do país.

Relacionados