O 4 de outubro tivo lugar en Ourense un acto organizado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública ao que o FORO FEMINISTA FALANDO NOS está adherida e participa activamente. Con este acto pretendeuse mostrar a precariedade e a falta de inversión económica no ámbito da sanidade pública. Para elo celebrouse unha inauguración ficticia dos terreos onde se ubica o proxecto de construcción do centro de saúde do barrio de O Couto.