Actos vexatorios contra inmigrantes

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, declarou “vivimos nun estado de dereito, as forzas de seguridade non poden ameazar a cidadanía coas súas armas regulamentadas, sen motivo, sen ir uniformados e sen identificarse”.

 

César Santiso indicou que “a corporación municipal debe atopar solucións a un problema que ven de longo na nosa cidade, ofrecémonos para mediar entre o Goberno local e o colectivo de inmigrantes subsaharianos porque entendemos que a solución pasa polo diálogo e non pola vía da represión e da violencia”.

 

Esquerda Unida esixe ao Goberno municipal que estableza os mecanismos necesarios para evitar que membros incontrolados da policía local poidan desenvolver actos vexatorios contra inmigrantes. Rexeitamos este tipo de actuacións irregulares, asemade de o agravamento da represión contra este colectivo.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solicita ao Goberno coruñés que abra unha investigación interna para esclarecer os feitos denunciados pola Asociación sen Papeis e o Foro Galego de Inmigración.

Relacionados