arousa.gif - 5.81 Kb

Actuación da fiscalía anticorrupción

 

Con esa edificación vulneróuse toda a normativa legal relativa á protección dos acuíferos e das vías interiores de auga, e  tanto polo Concello como pola Xunta de Galicia. Hoxe ese cauce  -“canalizado” no garaxe-  é unha fonte de problemas para os inquilinos do edificio,  que esixen unha solución e contan co apoio de Esquerda Unida; pero para a nosa organización é evidente que as solucións técnicas para que o cauce se canalice fora  do edificio esixe unhas inversións que non deben ser pagadas con cartos públicos do Concello e/ou a Xunta. Quen se lucróu e moito con esa promoción urbanística, o empresario Sr. Oubiña, é quen debe facer frente do seu peto aos gastos e sancións económicas que se presenten; como ben puntualizóu en roda de prensa o noso candidato a Alcalde, compañeiro Juan Fajardo, a Administración aplica aos cidadáns o principio de que o descoñecimento da lei non exime do seu cumplimento  -repetir que non sabía que estivera incurriendo en infracción é un dos argumentos do empresario- e neste caso nós sí que non vemos a razón de facer unha excepción, aínda que todos sabemos que existe un interés político de algúns en facelo así, e dado o tipo de xestión urbanística que se realizóu en Vilagarcía  (como en outros moitos lugares) en anteriores corporacións e en directa relación cos intereses na cidade do finado ex-conselleiro Xosé Cuiña e o seu home  de confianza Pablo Crespo, no cárcere por ser un dos principáis imputados na trama “Gürtel”… Esta posición de EU tivo repercusión nos medios informativos da comarca, e agardamos que a Fiscalía actúe con dilixencia para exisir responsabilidades, nuha investigación sobre o sector inmobiliario que debera ir máis aló desta infracción concreta.

Relacionados