Adelaida

 

A nosa organización entende que esta é a canle máis axeitada para producir os encontros de índole comercial e de negocios que están na orixe da visita.

 

Tamén queremos salientar que a composición da misión comercial e mailo seu financiamento  parécenos que van na liña correcta. Deben ser os sectores económicos implicados os que protagonicen esta acción.  Coidamos que esta iniciativa é un bo exemplo de como facer ben as cousas desbotando improvisacións, ocorrencias e autoritarismos estériles.

 

Reclamamos da  alcaldía do concello que siga con interese esta iniciativa para, ao aprender dela,  xerar e favorecer o necesario clima de diálogo e acordo entre as forzas políticas da cidade.

Relacionados