Adxudicación COPASA

Esquerda Unida considera irracional a adxudicación do túnel da Mariña a COPASA, empresa partícipe do presunto financiamento ilegal do PP galego, perante opcións máis económicas. A Autoridade Portuaria argumenta falta de xustificación técnica en ata tres ofertas que orzamentaban un custe menor da obra. Desta forma, competidores de COPASA de probada capacidade técnica en obras internacionais como a ampliación do Canal de Panamá, desbotáronse. COPASA semella a estar recibindo un trato de favor na adxudicación continuada de obras, como a Torre de Control de Tráfico Marítimo ou o Parking e o Túnel do Parrote. Recordamos que COPASA figuraba nos papeles de Bárcenas con altas doacións irregulares ao PP de Galicia durante o ano 2006.

Tamén tocante a COPASA, tralo lamentable accidente ocorrido durante o día de onte nas obras de do párking do Parrote, o Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes solicita ao Goberno Local que confirme se existe risco para vías de peóns ao redor da obra. Estes pasos encóntranse a escasos metros do lugar de desplome do guindastre e a escasos cinco metros de grandes grúas en funcionamento. O Goberno municipal como responsable subsidiario da obra e responsable da seguridade urbana debe aclarar se existe risco para os peóns que utilizan esas vías, así como asegurarse de que eses riscos desaparezan. Instamos a unha investigación dende o Concello que teña como obxectivo esclarecer as causas do accidente, medidas que reduzan os riscos para os traballadores e que se depuren responsabilidades, porque os accidentes son evitables tomando as medidas adecuadas e os responsables da seguridade deben eliminar os riscos de accidentes e verificar o estrito cumprimento das normativas. Aínda que neste intre o máis importante é que se salve a vida do traballador, dar todo o apoio posible a súa familia, urxe tomar tódalas medidas precisas para que non existan fallas de seguridade.

O voceiro de EU-V, César Santiso, afirma que “lamentamos que o PP, que está a gobernar todas as administracións implicadas, sexa incapaz de priorizar as necesidades da cidadanía e se dedique a promover o ladrillo, construíndo obras faraónicas de escaso interese social, non dubido que gañar espazo para os peóns é positivo pero afirmo que agora non é o momento dese tipo de actuacións porque non son rendibles en termos de creación de emprego e reactivación económica, ao beneficiar so a unha grande empresa, que non é local e que xera pouco emprego en relación ao investimento público desenvolvido.

Relacionados