Adxudicación de PEMEX

Esquerda Unida manifesta a  súa solidariedade e apoio aos traballadores do naval que continuan coas mobilizacións nas que reclaman carga real de traballo. Con esta adxudicación de actividade laboral nos astaleiros, queda de manifesto que Feijóo leva mentindo todo este tempo mentras afirmaba que existían contratos asinados coa petroleira mexicana Pemex, sendo agora evidente que Barreras e Navantia gañaron a adxudicación sendo a proposta máis barata das presentadas.

A executiva nacional de Esquerda Unida considera que a adxudicación dos floteis de PEMEX non é unha solución para o sector naval público nin recupera os niveis de emprego anteriores ao 2011 no privado. A diferencia do que se está a manifestar dende o goberno do PP sobre a creación de máis de 1000 postos de traballo cando en realidade só serán a metade.

Esquerda unida agarda que esta adxudicación non supoña unha merma nas condicións laborais dos traballadores e no cumprimento dos convenios colectivos do sector. Por outra banda caibe destacar que os datos da destrucción de emprego no sector reflicten que xa son máis de 3.000 postos de traballos eliminados no sector público e máis de 9.000 no sector privado.

Esquerda Unida manifesta a preocupación ante a situación do sector naval, xa que “dende o goberno de Feijóo non existe ningún plantexamento para a recuperación dun sector estratéxico como é o naval, a carga de traballo e o dique flotante non son prioridades para o goberno do PP”, manifesta a coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE, Yolanda Díaz facendo referencia a Ferrol, unha das comarcas máis castigadas polo desemprego. Deste mesmo xeito Yolanda Díaz fai un convite tanto a Feijóo coma ao conselleiro de industria a que visiten a comarca para así veren en directo cal é a realidade do sector.

Relacionados