Adxudicación vivenda

 

Sucédense os pretextos para adiar esta entrega, primeiro era que  non había cartos, logo que  había que acondicionalas, e agora nos atopamos coa desvergoña de que  hai que buscar unha data para cadrar as axendas dos concelleiros implicados…en suma a indignidade de xogar co dereito a unha vivenda de familias que a necesitan por parte dun Goberno que con este comportamento se conduce de xeito despiadado.  EU reclámalle  explicacións ao Goberno: que nos aclare  se se van entregar as vivendas ou non. Que deixen de mentir e marear, que fagan o que sexa a cara descoberta.

 

Semella indigno que o Goberno Municipal se negue a facer efectiva esta política social en materia de vivenda para familias que acreditaron os méritos para acceder a estes pisos. Que logo de 9 meses de mandato non se entregase ningunha vivenda e que non  haxa previsión algunha nese senso supón unha aldraxe para a nosa cidadanía e un índice revelador do que podemos esperar deste Goberno en materia de  vivenda e de compromiso co barrio de Recimil.

 

Esquerda Unida empraza a este Goberno Municipal a clarexar a súa postura respecto Recimil: ou se rehabilita e se procede a facer deste barrio un exemplo de políticas sociais en materia de vivenda para familias novas ou se aposta por degradar materialmente o barrio ( non facer nada ) para alentar unha operación especuladora en materia inmobiliaria. E o primeiro paso é a entrega, logo do seu acondicionamento das vivendas baleiras, ao que o Goberno do PP cando estaba na oposición defendía e logo de asumir o Goberno tamén dixo que si, aínda que se escudase en que había que acondicionar as vivendas. 

 

“Se pode ser de dereitas pero non despiadado ou mentiroso, e iso é o que lle reclamamos a este Goberno”, sinalou Javier Galán.

 

Relacionados