Feijóo oculta o investimento de 10 millóns de euros para drons de uso militar.
O eurodeputado da Izquierda Plural, Javier Couso, o deputado e coordinador de EU Lugo Ramón e a coordinadora nacional de EU e vicevoceira de AGE Yolanda Díaz ofreceron esta tarde unha roda de prensa en Lugo, na que denunciaron unha a inversión de 10 millóns de euros anunciada por Feijóo no debate do estado da nación, co que se pretende adaptar o aeródromo de Rozas nunha base de drons.
A roda de prensa comezou cunha proxección de video na que a empresa de misiles MBDA da multinacional EADS recoñece ao Dron Atlante como avión militar. Este recoñecemento manifesta que unha vez máis dende o goberno do PP se minte, xa que as declaracións tanto dos membros do INTA como dos responsables do aeródromo, a petición de EU ante a utilización dos drons, foi a de uso civil. Esto vén a demostrar que se están a poñer cartos públicos das galegas e galegos a servizo da empresa privada.
Ante esta situación que tanto Yolanda Díaz como Ramón Vázquez veñen denunciando a través de AGE e da Izquierda Plural, anunciaron que rexistrarán no parlamento unha iniciativa pedindo o cese do subdirector xeral do INTA, Bartolomé Marqués así como a presentación dunha interpelación parlamentaria na que esixirán ao goberno de Feijóo información sobre as cerficacións e autorizacións da axencia estatal de seguridade aérea e da súa homóloga europea para operar neste aeródromo.
Por outra banda o eurodeputado da Izquierda Plural Javier Couso preguntará no parlamento europeo sobre o emprego de fondos europeos para gasto militar e o seu uso para sufragar probas con drons.