Aeródromo ilegal de Godos

EU ven de solicitarlle á Deputación Provincial de Pontevedra que dea conta dos detalles que xustifican a súa actuación na instalación, así como do importe investido na mesma, tendo en conta que cando executou os traballos a instalación xa tiña aberto expediente na APLU.

ESQUERDA UNIDA presentará tamén escrito á Fiscalía, solicitando que se investigue a trama empresarial que se agocha tras o proxecto aeronáutico.

“EU xa presentou alegacións ao expresado no informe de dilixencias informativas da APLU”, manifesta o secretario de organización Rubén Pérez. Dilixencias que manifestan a ilegalidade da construcción da infraestrutura aeronáutica, pero que a xuízo de EU, esas dilixencias, antes de proceder á reposición da legalidade urbanística, deben de ter en conta o seguinte:

1. A clasificación do solo sobre o que se asenta a infraestructura debe recolle-la modificación puntual das NNSS do planeamento, pois a clasificación do solo afecta ao grao das infracción urbanísticas.

2. A execución de obras na instalación por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, aceptadas publicamente por representantes da propia institución.

3. O uso fraudulento das instalacións, co risco consecuente para o resto da cidadanía, especialmente para usuarios da liña de Alta Velocidade do Eixo Atlántico.

4. A responsabilidade última da autorización da construcción e da autorización de uso da instalación aeronáutica é responsabilidade exclusiva da Axencia de Seguridade Aérea (AESA), que xa ten aberto expediente sancionador pero que ainda non se pronunciou sobre a viabilidade do proxecto.

5. O incumprimento por parte dos promotores da resolución da alcaldía do Concello de Caldas de Reis, pola que se ordea o cese das obras e dos usos que se deriven da mesma.

Para ESQUERDA UNIDA independentemente do proceso de reposición da legalidade urbanística, xa en curso e competencia da APLU, hai que exisir públicamente á AESA que se pronuncie canto antes sobre a viabilidade do proxecto aeronáutico xa executado.

 

Relacionados