Afectados polas preferentes

Non caben comportamentos desta índole nunha praxe democrática, porque os Plenos son por definición abertos a toda a cidadanía e s nembargante varias persoas provistas dunha faixa reivindicativa viron denegado ao acceso ao concello polos medos antidemocráticos do PP.

Yolanda Díaz reclámalle ao alcalde de Ferrol que reaccione e reciba ás persoas afectadas para implicarse e facer valer o peso da alcaldía no senso de atopar unha solución que devolva ate o último peso roubado con produtos financeiros  pensados para encher os petos da banca e non para atender as demandas dos usurarios.

Queremos lembrar que en abril deste ano o Pleno da Corporación Municipal aprobou unha moción presentada por Esquerda Unida, cunha adición, na que se instaba ás autoridades competentes a garantir a restitución dos depósitos ás persoas afectadas. O propio PP votou a favor da moción. Un mínimo de coherencia democrática  e de respecto a cidadanía esixe outros modos de comportamento polo PP: os do diálogo e a búsqueda da solucións, e non os de impedir acceder ao concello ou ignorar a súas xustas reivindicacións.

EU considera necesario que na vindeira semana  o colectivo de persoas afectadas poda reunirse co Goberno e mailos grupos municipais para achar espazos de colaboración que axuden a resolver a inxusta situación que hoxendía padecen.

 


 

 

Relacionados