Aforro en alugueres

 

O noso por riba contempla outras medidas destinadas a optimizar recursos, reducir custos, gañar en eficacia e mellorar a produtividade.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes celebra que o alcalde adopte iniciativas do noso programa electoral, pero considera que o aforro se debe centrar na racionalización dos locais ocupados polo aparato administrativo municipal, rexeitando que o plan supoña recortes nas dotacións socioculturais dos barrios.

 

César Santiso, voceiro de EU-V, indicou que “apoiamos a iniciativa pero as dotacións como a biblioteca da sagrada familia non poden pórse en cuestión”.

 

“Alegrámonos de que o concello abandone a práctica de alugar locais en centros comerciais como ocorre coa  Oficina Municipal de Rehabilitación, cuxa factura elévase a case 24.000 euros mensuais por la utilización do local situado en el centro comercial Los Cantones Village” sinala o concelleiro de EU-V.

 

“Os fondos públicos non deben servir para engordar as contas de beneficios dos especuladores que construíron centros comerciais na nosa cidade afundindo ao pequeno comercio e, xa que logo, a economía local”, subliñou Santiso.

Relacionados