AGE con Galiza mellor sen touradas

A vicevoceira do Grupo Parlamentario, Yolanda Díaz, e o resto de deputados do Grupo reuníronse esta mañán cos representantes do colectivo Galiza, Mellor sen Touradas no que estableceron as vías de colaboración entre ambos grupos para facilitar o traslado de iniciativas deste colectivo animalista ao Parlamento de Galicia.

Os membros do Grupo Parlamentario anunciaron ademáis que Alternativa Galega de Esquerda formará parte do Espazo Parlamentar de defensa Animal, plataforma adicada específicamente á defensa dos dereitos e do benestar dos animais.

Relacionados