No CEIP Bouza Brey puideron constatar o abandono das instalacións e a pertinencia das vellas reivindicacións da anpa e comunidade educativa.Este venres dous parlamentarios de AGE, Xavier Ron e Ramón Vázquez visitaron os colexios Ramiro Sabell Mosquera e Bouza Brey, para interesarse polas problemáticas máis acuciantes de ambos centros, reuníndonse con directores e directivas das ANPAS. Comprometéronse a dar traslado ó parlamento galego de propostas encamiñadas a solucionar cabalmente as problemáticas presentadas.