Alarmantes datos do paro

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera alarmante que nun solo mes o desemprego crecese na Coruña máis da metade que durante todo o ano 2012, un incremento de máis do 5% respecto ao mes anterior. Un punto por riba que o incremento na provincia e que na Galiza. Concretamente o mes de xaneiro de 2013 supuxo un 62 % de todo o paro rexistrado no ano anterior. 1197 desempregados no primeiro mes do ano fronte os 1917 do 2012.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a inacción do goberno local é gravísima, fai máis de medio ano o avisamos de que se podería dar esta situación debido a que as erráticas medidas do goberno Rajoy como a suba do IVE e a retirada da paga extra do Nadal aos empregados públicos desincentivarían o consumo até o punto de afundir ao pequeno comercio”, por outra banda algo previsible pois o comercio está a padecer de maneira especial a crise debido a falta de consumo, sendo a situación máis grave na Coruña debido a errática dos gobernos locais do PSOE que promoveron por motivos especulativos a implantación masiva de grandes superficies. Diante desta situación moitos pequenos comercios salvan o exercicio coa campaña do Nadal e rebaixas, algo que nesta ocasión impediron as políticas do PP desenvolvidas dende o goberno central.

EU anticipándose a esta situación, non so aviso ao goberno de Carlos Negreira, senón que desenvolveu iniciativas plenarias para instar ao goberno municipal a desenvolver medidas, mais como obtivo a calada por resposta, tamén amosou propostas para apoiar ao pequeno comercio e solicitou diálogo ao goberno coruñés, sen obter nunca resposta do Concello. Unha magoa pois a triste realidade actual podería haberse atenuado se o goberno local foise menos prepotente e nos escoitase máis.

Xa que logo, Esquerda Unida lamenta a falta de previsión do goberno municipal en relación co incremento do desemprego en xaneiro debido ao esborralle do comercio. Algo que pode observarse con claridade ao analizar o paro por sectores. Na Coruña o comercio é maioritario no sector servizos que acumulou 1082 desempregados do total de 1197.

Relacionados