Albergue de As Mariñas

O Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda a través do seu deputado Antón Sánchez presentou esta mañán unha pregunta no Parlamento para coñecer qué obras se ten previsto realizar coa partida económica publicada hoxe mesmo no BOE da Dirección General de Desarrollo Rural y Política Forestal.

A publicación, unha resolución de 22 de maio de 2012, é relativa ao Convenio específico coa Comunidade Autónoma de Galicia para a execución, seguimento e avaliación das accións incluidas nos plans de zona das súas zonas rurais na que se atopa incluída a previsión dunha inversión no Albergue de As Mariñas, en Bergondo, centro dependente da Consellería de Traballo e Benestar por unha contía de 300.000 euros dentro do eixo 1 de actividade económica e emprego e da medida art.20 de Diversificación económica.

Relacionados