Este sábado 13 de abril ás 12 horas, no Auditorio Teatro García Barbón de Vigo, Alberto Garzón, coordinador federal de Izquierda Unida e cabeza de lista de Unidas Podemos por Málaga, estará xunto as candidatas de En Común Unidas Podemos presentando o noso programa de Goberno para as próximas Eleccións Xerais do 28 de abril.
No acto estará acompañado polas candidatas e candidatos de En Común Unidas Podemos: a cabeza de lista de En Común Unidas Podemos, Yolanda Díaz, o candidato pola provincia da Coruña, Antón Gómez-Reino, a candidata pola provincia de Lugo, Vanessa Somoza, a candidata polo senado de Pontevedra, Vanessa Angustia, a candidata polo congreso á provincia de Vigo, Ángela Rodríguez (Pam), a candidata polo congreso a Ourense, Ledicia Piñeiro, a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla e o secretario de Organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez.
Súmate no evento de Facebook dende aquí