Alberto Garzón en Ferrol

a través de Martiño Noriega (alcalde de Teo por ANOVA), Manuel Cardoso de Espazo Escosocilista e Pablo Otero de EQUO. Alberto Garzón, deputado de Izquierda Unida, foi convidado deste acto.

Compartimos esperanza e programa

Comezou falando Pablo Otero, candidato de EQUO, que defendeu a unidade e variedade da coalición coma unha fortaleza, “coa miña idade e ideoloxía son unha mostra da pluralidade que acadou a alternativa nesta situación de emerxencia, xuntos e cun programa”, tamén subliñou que “aínda que existen diferenzas, que non incompatibilidades, compartimos esperanza”.

Tomou o relevo Manuel Cardoso, candidato de Espazo Ecosocialista Galego, moi critico coa xestión política na comarca de Ferrolterra, “xa vemos como se destrúen os recursos de As Pontes, sen plan de rexeneración, o mesmo que ocorre cun sector naval que hoxe por hoxe é o motor da economía desta comarca e que por tanto habería que coidar”.

Ambos mostráronse convencidos de que Alternativa Galega de Esquerda será unha forza con capacidade transformadora o próximo 21 de outubro.

A esquerda ten que unirse para mudar esta sociedade

Alberto Garzón, deputado de Izquierda Unida e convidado deste evento, apoiou a coalición por ser “unha referente dun cambio a nivel Europeo, onde a esquerda honesta únese para a dar unha alternativa social, potenciar o entendemento e mudar esta sociedade”.  Tamén tivo palabras para Feijóo e Rajoy, “que adiantaron as eleccións para adiantar o rescate, xa que doutra forma non gañarían endexamais”.

Concluíu apoiando aos que están loitando pola alternativa, pois “sementar, inda que as veces pareza un deserto, mudará a sociedade”.

Diferenzas evidentes

Martiño Noriega, alcalde de Teo e militante de ANOVA, expuxo o contraste entre a campaña de Alternativa e a de partidos con maiores recursos económicos, “nós non temos choferes que nos leven, percorro Galicia no meu coche e entre mitin e mitin ando oficiando vodas, esa debería de ser a norma”. Para o alcalde de Teo, máis alá do orzamento, é unha cuestión de compromiso político, a diferenza visible está no contacto cunha rúa que recoñece que existen diferenzas evidentes, “Feijóo está aquí, en Ferrol á mesma hora, pero nin sequera se atreve a dicir onde”.

Concluíu referíndose a situación actual de emerxencia nacional que fai que “estas eleccións non sexan ordinarias, pois podemos ter outro Monti de aquí nuns meses”. Para o alcalde de Teo, a desconexión de Feijóo coa base social é patente e motivada, por iso animou ao auditorio a loitar pola alternativa para acadar un goberno da cidadanía o día 21 de outubro.

 

 

Relacionados