Ao igual que fixo este animal, a actitude depredadora do PP está a facer estragos entre as clases populares da Coruña, tal e como ven denunciando . Non se trata tanto de facer fincapé nos datos que o grupo municipal de EU-Os Verdes está a tratar de denunciar para o coñecemento da cidadanía, senón máis ben sobre cómo as liñas mestras desa “Coruña Futura” caen pola súa falla de coherencia. Vemos así como o Alcalde fala moi fachendoso de Cultura, Ciencia, Emprego, Barrios e Cooperación, e nós sómente contemplamos Festas, Desemprego, Contratos a dedo, Segregación e obscurantismo na xestión municipal.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que o goberno local non so incumpre as súas promesas electorais senón que insulta a intelixencia dos coruñeses como demostran as declaracións do alcalde no Forum Europa tribuna Galicia. Onde afirma que aposta pola tecnoloxía e a innovación e fala de reinvertar a cidade, pero centra os orzamentos no ladrillo e o formigón, o turismo e os festexos aplicando a políticas do pan e circo dos romanos de fai 2000 anos. Negreira fala de igualdade entre barrios pero centra o gasto en infraestruturas no centro da cidade, basta con lembrar os catro millóns que soterrará durante o 2014 no túnel da Mariña.
Esquerda Unida quere denunciar a escasa relación entre as palabras do alcalde e as súas políticas. ¡Como se pode falar de estímulo do talento, cando os nosos talentos están a emigrar en masa!; ou ¿¡como é posible dicir innovación cando as políticas municipais van encamiñadas a beneficiar aos de sempre, e a basear a xeración de emprego no formigón en nunhas obras municipais que son deseñadas nos despachos das grandes construtoras amigas!? Encherse a falar de cooperación entre concellos e de futuribles unións suporía preguntarlle aos veciños e sentarse fronte a elas, falando en igualdade de condicións, algo fronte ao que o Sr. Negreira non nos ten acostumados, e que non cremos vaia comezar a facer a partir de agora.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “este tipo de fórums só parecer servir para que os políticos do PP se dean palmaditas nas costas. A realidade á que facer fronte segue a esperar portas afora, detrás dos coches oficiais que abarrotaban a entrada do hotel Finisterre e que impedían o paso dos viandantes”.