Alcalde non inclúe na orde do día unha moción de EU

 

A moción foi rexistrada o día 22 de maio e o pleno foi convocado polo Alcalde o  día 24 de maio, por ser festivo o día 25, polo tanto a moción entrou en tempo e forma.Entendemos que o Alcalde ten dentro das súas competencias realizar a orde do día dos plenos, pero tamén a lei amparo a presentación de mocións ó pleno por parte dos diferentes grupos municipais.

O secuestro da democracia por parte da Alcaldía ven sendo algo habitual no sua actuación diaria, aínda que cremos agravada nos últimos meses ante o desmoronamento que sofre o grupo de goberno, un grupo de goberno desnortado  e sen iniciativa que é sobrepasado pola actividade dos diferentes grupos municipais que non gobernan e pola participación activa dos veciños/as na vida municipal.

O noso grupo anuncia que presentará a moción pola vía de urxencia para que o pleno poida debatir o plan de axuste aprobado polo consello de ministros e decidir tomar cantas medidas sexan precisas para evitar a aplicación ós empleados públicos do concello das medidas de recorte e axuste anunciadas; así como rexeitar a conxelación que as pensións van a sofrir no ano 2011 e que afectará gravemente ó poder adquisitivo das veciñas e por ende a toda a economía de Mugardos.

Relacionados