Alegación accesos ferroviarios ó porto exterior

 

Xa transcorreron máis de tres meses dende o remate da fase de exposición pública e, polo tanto, van vencidos os prazos segundo se  recolle o artigo 42 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico das Administracións Públicas. O silencio de Fomento non deixa de xerar desacougo e incertidume diante do moi grave  risco para a nosa ría.

 

Esquerda Unida salienta o moi grave risco que pendura sobre a ensenada da Malata coa intención do Ministerio de priorizar un proxecto construtivo, a do trazado sur,  que suporía a práctica morte da ensenada. Xa que logo, a inmediata resolución das numerosas alegacións presentadas por numerosas entidades sociais da nosa cidade semella un imperativo para despexar dúbidas e garantir a preservación desa zona da ría.

 

Esquerda Unida presentara o día 12 de maio a batería das nosas propostas ao obxecto de conxugar a necesidade de dotar ao porto exterior dun acceso ferroviario coa imperativa de minimizar os impactos ambientais e socioeconómicos.

 

No noso escrito demandabamos a nulidade do Estudo a causa dos desfases evidentes coa realidade actualmente existente. E xunto a isto manifestabamos a nosa posición favorable ao corredor norte en atención ao seu menor impacto ambiental. Asemade nun afecta ao dominio público marítimo terrestre e encaixa, correndo en paralelo, coa recente obra viaria; incluso conta cunha máis doada conexión coa zona industrial do Río do Pozo.

 

Xunto con estas, o noso Grupo achegou outras alegacións subsidiarias e residuais, no que fai a un trazado submarino e a profunda modicicación da opción sur respectivamente.

 

Lembrar que entre outras medidas compensatorias, Esquerda Unida salienta no seu escrito ao Ministerio ao levantamento do porto carboeiro  Fernández Ladreda, así como as derivadas de manter a viabilidade do emprego vencellado ao sector extractivo na nosa ría.

Relacionados