20021104elpepivin_1_g_sco1 copiar.gif - 10.89 Kb

Alegacións ás taxas de actividade económica

 

1.-Incorporar un novo ártigo:

Art.: Bonificacións.

Bonificacións para o fomento da actividade económica:

Como medida para o fomento da actividade económica, as actividades que se soliciten a partires da entrada en vigor desta ordenanza e co compromiso de manterse en funcionamento durante un ano completo dende a solicitude de licencia de apertura ou actividade, se lles concederá a seguinte bonificación na cuota en función da natureza da actividade a desenrolar:

Pequeno comercio:tendas de comestibles, roupa,calzados ou similares….75%

Despachos profesionais……..75%

Salas de reunión:salas de festas, discotecas e similares..75%

Establecimentos para consumo de bebidas e xantares:restaurantes, cafeterías, pubs e similares ….75%

Espectáculos:cines,teatros e similares……75%

Industria artesanal…………….75%

Taller de automoción……75%

Taller doméstico………75%

Almacenaxe……………..75%

Deportivo…………………75%

Equipamento educativo, cultural, saúde, benestar social ou relixioso….75%

Para poder disfrutar desta bonificación, se require que sexa solicitada no mesmo momento da petición da licencia de apertura ou actividade correspondente, indicando a creación de emprego que se proxecte vincular á actividade.

A esta bonificación se sumará, en función da citada creación de emprego, outra complementaria coa seguinte escala:

De 1 a 5 novos empregos……5%

Máis de 5 novos empregos….10%

Transcorrido o ano de funcionamento dende a solicitude de licencia de apertura ou actividade, previas as comprobación oportunas, os servicios técnicos emitirán informe sobre o cumplimento das condicións para o outorgamento das bonificacións solicitadas. De non cumprirse o requisito de mantemento da actividade durante o ano completo e a creación de emprego proxectada, o concello practicará liquidación tributaria pola parte que se houbera deixado de ingresar como consecuencia da bonificación practicada e os intereses de demora.

2.- Que o texto integro da ordenanza fiscal nº11 reguladora da taxa por licencias de actividade sexa publicado no Boletín Oficial da Provincia en galego.Dado que na actualidade esta publicada unha parte en galego e outra en castelán.

Relacionados