Alegacións Ord. Rehabilitación

 

Esquerda Unida presentou alegacións á ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles do Concello  da Coruña para acadar unha ordenanza máis efectiva que contribuía a mellorar a calidade de vida das familias traballadoras e os máis desfavorecidos.

 

Neste sentido, para conseguir que nas axudas para a rehabilitación de vivendas teña preferencia a rehabilitación de aquelas vivendas con eivas nas súas condicións de habitabilidade sobre a conservación de edificios catalogados, Esquerda Unida solicitou a modificación do artigo 99.

 

Co obxectivo de protexer a os inquilinos que habitan unha vivenda mal conservada polos propietarios, pedimos a modificación do artigo 14.2 para facilitar o mecanismo de denuncia de situacións de falta do deber de conservación.

 

Para evitar que as axudas para conservación e rehabilitación favorezan especialmente a rendistas propietarios de un gran patrimonio inmobiliario suxestionamos a modificación do artigo 90.1.b, para que aínda que sexa o ocupante de unha vivenda o que solicite unha axuda, a renda que compute de cara o Concello sexa a do propietario.

 

Tamén observamos que en una gran cantidade de artigos se delimitan condicións de acceso a axudas, sobre todo no referente a que o inmoble a restaurar teña que se dedicado a vivenda habitual, aluguer ou ocupación por persoas pertencentes a colectivos desfavorecidos, pero en ningún dos casos observamos a definición de medidas de inspección e comprobación de ditos requisitos e de mecanismos de sanción en caso de incumprimento. Por iso pedimos a modificación ou o complemento dos artigos 87.2, 89.3, 91.c e 96, xa que entendemos que de nada vale definir requisitos si os propietarios das vivendas poder incumprilos porque saben que non van ser inspeccionados e sancionados.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso indicou “as nosas suxestións avanzan na transparencia para facilitar á veciñanza o acceso á información a través da web, de non atendelas o goberno municipal estaría delatándose, propoñemos que a información referente á ordenanza estea a disposición da cidadanía na web municipal. O texto de ordenanza aprobado inicialmente non contempla a existencia de Internet. Pedimos a modificación dos artigos 71 e 100, con fin de actualizar o texto da ordenanza á tecnoloxía do século XXI”.

 

Para protexer a os compradores de vivendas novas contra defectos de construción, suxestionamos unha modificación do artigo 15 no sentido de que nos informes emitidos polos técnicos municipais conste si a orixe das deficiencias detectadas nun inmoble son responsabilidade do construtor ou promotor do mesmo, para facilitar a veciñanza una base para posteriores reclamacións. Tamén solicitamos unha modificación do artigo 16 para que os obrigados as reparacións sexan os construtores ou promotores no caso de ser responsables de deficiencias, e non só os propietarios como consta no texto aprobado inicialmente.

 

Relacionados