O consello comarcal de EU apoia, participa e pide a asistencia cidadá masiva na manifestación da Alianza Social Galega convocada para este xoves 27 con saída as 20h dende a casa do mar. A Alianza Social Galega está formada por máis de 100 asociacións, colectivos e sindicatos. Esta Alianza reflicte a necesidade real de unión da maioría social traballadora fronte as políticas de austeridade e, pola cal, debe esperarse e pedimos unha masiva participación cidadá nela.
Esquerda Unida participa con faixa propia na manifestación convocada pola Alianza Social Galega baixo o lema “por outra saída da crise” porque fronte as políticas antisociais do PP a resposta colectiva non so é unha necesidade, senón un deber cidadá. Sobran os motivos: os recortes nas pensións, na educación, sanidade e servizos sociais e a súa privatización, o drama criminal dos desafiuzamentos, os ataques aos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, a implantación dunha política represiva e estado policial, etc etc. Son verdades palpables que demostran o fracaso total das políticas de recortes e a necesidade de poñer enriba da mesa outra saída a crise como EU leva demandando dende o comezo desta.
O Coordinador Comarcal de EU, Cesar Santiso indica que “levan anos co conto do aforro e prácticas de catapulta en recortes de servizos e prestacións públicas, que afondaron máis a crise, deixando a milleiros de persoas completamente arruinadas social e economicamente”. Fronte a isto, quédanos a resposta social contundente contra estas medidas que vendéronnos coma saída á crise e fixo o contrario, unha crise provocada polos banqueiros, Troika, grandes especuladores e que en España, o PP e PSOE, demostraron ser os grandes vendidos aos intereses do neoliberalismo e contra os intereses da maior parte da cidadanía, este PPSOE convertiuse no máximo responsable das políticas criminais no Estado.