Aluguer de vivenda a precio xusto

Así pois o prezo medio dunha vivenda de 90 m2 sitúase en preto de 184 mil euros, algo inasumíbel para a meirande parte de familias traballadoras coruñesas que ven como a nosa cidade, a pesares de rozar o 20% de exclusión social encabeza o ranking galego. Ni que decir ten que este datos dificulta ainda máis se cabe a emancipación da mocidade que necesitan dispor de 92 mil euros para mercar un apartamento de 45 m2, cando a porecentaxe de desemprego deste colectivo ronda o 50%.

Estas cantidades poñen nunha clara situación de inxustiza aos coruñeses e coruñesas que teñen que pagar 38.000 e 19.000 € máis (en relación aos exemplos antes citados) que os vigueses onde o prezo sitúase en 1.616 €/m2, e dicir que na coruña temos que pagar unha cuarta parte máis pola adquisición dunha vivenda.

Diante desta situación o Concello debe e ten que actuar para facilitar o dereito ao acceso á vivenda, xa que logo, Esquerda Unida aposta porque o concello coruñés xestione as vivendas valeiras de novagaliciabanco para garantir aos coruñeses o aceso a unha vivenda digna a prezo xusto. Neste sentido, as entidades financieiras acumulan un stock de miles de vivendas valeiras na Coruña, principalmente NovaGaliciaBanco que financiou o dito stock cos aforros das familias traballadoras galegas, unha autentica lousa que lle obriga a desprenderse do lastre inmobiliario acumulado durante a etapa dourada da especulación e o ladrillo.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón que o Concello acade un acordo coas entidades financeiras para xestionar mediante aluger social o parque de vivendas valeiras en chan coruñés mediante a Empresa Municipal Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA). A devandita proposta sería beneficiosa para ambas entidades. Por unha banda o Concello da Coruña desenvolvería unha acción social de grande valor para a veciñanza, ao tempo que as entidadee financeiras reducirían un stock de vivendas que supón un autentico lastre financieiro que as debilita.

O voceiro de EU-V, César Santiso, declarou “as vivendas valeiras son unha carga para as entidades financeiras. A cidadanía necesita vivendas a prezo xusto. O concello ten unha oportunidade de facer algo útil a prol da veciñanza”.

Santiso subliñou “estamos diante da posibilidade de converter unha actividade especulativa que se financiou con cartos das familias traballadoras galegas, nun ben social. Gañamos todos, non perde ninguén”.

 

Relacionados