Aluguer social e perda poboacional

Esquerda Unida insta ao goberno municipal a desenvolver un plan que remate coa perda de poboación e atráea novos veciños, unha situación que de seguir así será insostible e impedirá dispoñer dos recursos necesarios para desenvolver o investimento que permita que A Coruña creza economicamente e se converta nun polo neurálxico no conxunto do Estado e evitar o risco de perder o rol de motor económico da Galiza.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera fundamental que o Concello promova vivendas de aluger social e para a mocidade a través de EMVSA para evitar o éxodo aos municipios limítrofes. Así o Concello conseguiría un triple obxectivo, por unha banda evitaría o éxodo de poboación por motivos económicos ao tempo que daría unha solución as persoas vítimas dos desafiuzamentos, por outra banda convertería a cidade nun proxecto de futuro ao atraer á mocidade e finalmente promovería a baixada xeneralizada dos prezos da vivendas ao poñer no mercado vivendas a menor prezo. Así, en consecuencia coa lei da oferta e a demanda, os rendistas estarían forzados a baixar os prezos e rematar coa especulación.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “non cabe dúbida que o prezo do chan coruñés non é competitivo en relación con outros concellos, esa é a explicación pola que mentres na Coruña perdemos preto de mil veciños en 20 anos a poboación da comarca incrementouse nun 64%, a ver si nesta ocasión o goberno local atende a nosa proposta e, por unha vez, se anticipa aos acontecementos e evita un problema que a medio prazo pode por en perigo a nosa cidade tal e como o coñecemos ao tempo que faría inviables todos os proxectos de futuro.

César Santiso, subliñou que “o goberno municipal ten nas ordenanzas fiscais e a súa execución unha ferramenta que está a desperdiciar, pode incrementar o IBI das vivendas valeiras e non o fai, nin tan sequera está a facer cumprir a actual ordenanza que xa grava algo as vivendas baleiras pero que non é operativa por falta de mecanismos de control que o PP tampouco está a dotar.

Relacionados