O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera paradigmático que o aeroporto que recibe menos investimento é o que da servizo a bisbarra coruñesa, caracteriza por supoñer máis do 39% da economía galega e máis do 31% do emprego na nosa comunicade. Como se desprende dos datos do informe ARDAN 2012 que establece que a comarca coruñesa supón o 39% do Valor Agregado Bruto (VAB) galego, un indicador que mide o valor engadido xerado polo conxunto de produtores dun área económica. Mentres que Vigo supón o 20% tanto o VAB como o empergo e Santiago estes mesmos indicadores supoñen o 6%.
Xa que logo, EU aposta por desenvolver un estudo de retorno económico que permita demostrar a Xunta e AENA as enormes capacidades de Alvedro para reverter os investimentos públicos en actividade produtiva e xeración de emprego, semella fundamental potenciar a actividade de Alvedro como aeroporto de negocios centrado na actividade produtiva. Non cabe dúbida de que o porto exterior xunto cos polígonos industriais satélites que xurdan, deberán xogar un papel determinante na reactivación económica da bisbarra, incrementando o número de empresas e emprendedores o que permitirá incrementar exponencialmente a demanda de voos e, xa que logo, a viabilidade do noso aeroporto.
Esquerda Unida esixe ao goberno municipal que defenda os intereses do aeroporto coruñés diante da discriminación que recibe dos poderes públicos. Aínda que as escadalosas diferenzas en canto a investimentos débense principalmente á decisión de AENA de paralizar proxecto de ampliación da terminal de Alvedro, algo que non ocorreu nos de Lavacolla e Peinador. Non cabe dúbida de que o goberno local debe pular por agradar certo grado de equidade entre os aeroportos galegos, porque na actualidade o aeroporto coruñés recibe o 17%, o de Vigo o 33% e o de Santiago o 50%. En todo caso si AENA decide paralizar a ampliación da terminal, poderíase equilibrar o investimento entre os tres aeroportos galegos, pois Alvedro necesita outras actuacións tanto de mantemento como de mellora de equipamento para incrementar a súa capacidade competitiva.
Consideramos fundamental o desenvolvemento dun plan que coordine aos tres aeroportos galegos, pois non cabe dúbida que unha actuación conxunta xera as sinerxias necesarias para incrementar a potencialidade e a competitivade de cada un dos aeroportos ao centrar a súa actividade nos sectores primordiales no seu ámbito de actuación e complementar o resto segundo unha visión global do esapazo aéreo galego.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indico que “o goberno local debe impulsar un pacto institucional na defensa do noso aeroporto no que participen todos os axentes económicos, políticos e sociais coruñeses”.