Efectivamente, atopámonos no comezo dunha gravísima crise enerxética debido a que a demanda de subministro de petróleo comeza a superar a oferta, o que ven a supoñer que, en base a lei da oferta e a demanda, os prezos do cru incrementaranse de maneira exponencial nos próximos tempos complicando a viabilidade das compañías aéreas. Mais isto no é excusa para poñer en valor o noso aeroporto e demostrar a súa viabilidade.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes aposta por desenvolver un estudo de retorno económico que permita demostrar a Xunta e AENA as enormes capacidades de Alvedro para reverter os investimentos públicos en actividade produtiva e xeración de emprego, xa que logo apostamos por potenciar a actividade de Alvedro como aeroporto de negocios centrado na actividade produtiva. Non cabe dúbida de que o porto exterior xunto cos polígonos industriais satélites que xurdan, deberán xogar un papel determinante na reactivación económica da bisbarra, incrementando o número de empresas e emprendedorers o que permitirá incrementar esxponencialmente a demanda de voos e, xa que logo, a viabilidade do noso aeroporto.
Esquerda Unida aposta polo desenvolvemento dun plan que coordine aos tres aeroportos galegos, pois non cabe dúbida que unha actuación conxunta en sinerxia incrementará as potencialidades e a competitivade actual dos tres aeroportos, asemade de mellorar o rendemento e rendabilizar as infraestruturas.
Semella necesario que cada aeroporto galego desenvolva un estudo sobre o retorno económico para optimizar o investimento público, xa que na actualidade as subvencións ás compañías aéreas chegan nalgúns aeroportos a 100 € por pasaxeiro, algo que non acontece no noso. Polo que debemos reflexionar si este tipo de política é a correcta. En todo caso a Administración debería condicionar as subvencións ao mantemento dos postos de traballo en condicións dignas e ao desenvolvemento de servizos de calidade.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indico que “chamamos a todos os axentes económicos, políticos e sociais coruñeses a acadar un pacto institucional na defensa do noso aeroporto diante do trato descriminatorio que está a sufrir Alvedro”, situación que lle fai perder competitivade en relación con outros aeroportos galegos.