Esquerda Unida denuncia ameazas e comentarios homófobos a activistas antitouradas, a meirande parte dos comentarios tiñan cun contido discriminatorio non só por cuestións de identidade de xénero, senón tamén cun claro tufo fascista, atentando contra a liberdade de expresión dunha importante parte da cidadanía.
EU quere lembrar á cidadanía que segundo unha enquisa independiente, o 88% dos mozos e mozas da Coruña rexeitan as touradas e votarían pola súa abolición nun hipotético referendo, o mesmo que se empeña en bloquear o Goberno municipal no pleno.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrará unha pregunta escrita ao ao goberno municipal para saber si ten pensado actuar diante destes ataques á liberdade de expresión, concretamente:
- ¿Pensa o Goberno actuar perante os ataques á liberdade de expresión dos activistas antitouradas?
- ¿Qué opinión lle merecen os comentarios homófobos e as ameazas que reciben persoas voluntarias, polo mero feito de rexeitar unha actividade violenta cos animais?
O voceiro de EU-V, César Santiso, subliñou que “os poderes públicos deben velar pola liberdade de expresión e o respecto das persoas por opinións e ideoloxías distintas”.