Amianto na Fabrica de Lápis

 

Na Memoria do derrubo se constata a existencia de fibrocemento nas cubertas existentes polo cal a nosa organización entende necesario que o Goberno Municipal supervise o rigoroso cumprimento da lexislación neste eido. 

 

Esquerda Unida reclama que se faga pública a avaliación de riscos, elemento clave para modular as medidas anexas de seguridade.  Preguntámoslle ao Goberno se ten constancia que a empresa encargada desa retirada conste como homologada  no RERA e está a cumprir o preceptuado no RD 396/2006  de 31 de marzo. Queremos que se faga público o estudo que avalía e controla o ambiente no traballo derivado da existencia de amianto.

 

Consideramos insuficientes as moi breves referencias que se atopan sobre o fibrocemento na Memoria, porque neste documento non hai estudo de avaliación e xa que logo non hai un plan de seguridade. Dese estudo séguese a elaboración dun plan de traballo específico e a implementación dunha  vixiancia continua  sobre o estado de saúde das e dos traballadores encargados de manipular o fibrocemento. “Non queremos outro caso Sánchez Aguilera” , sinala Yolanda Díaz.

 

Lembramos a esixencia de que os restos de fibrocemento sexan retirados de xeito hermético para non se espallar no ar, conforme se recolle na normativa en vigor.

 

Doutra banda, Yolanda Díaz insta ao Goberno a extremar a supervisión das obras porque se están a producir reiteradas queixas entre as veciñas e veciños derivadas do pó e dos entullos. Así a cheminea estase a desmontar de xeito diferente a como se indicaba na Memoria, esmigallando nela cun martelo e non mediante cortes como se indicaba na Memoria do derrubo, co conseguinte manto de po ao redor da Fábrica,  o cal danos pé a considerar que se están a cometer irregularidades na demolición da Fábrica, froito das urxencias da parte privada por facer negocio contra os intereses da cidadanía. Dubidamos que haxa control de demolición cando non o houbo para non evitar a ruína do inmoble. Queremso que se faga pública quen e como está a supervisar polo concello as obras.

 

Esiximos pois un constante control polo Goberno e técnicos do cumprimento da legalidade en todas as tarefas de demolición, en particular as que atinxen á desmontaxe das cubertas de fibrocemento.

 

Relacionados