EU súmase ás mostras de agarimo e traslada o seu apoio á familia do poeta Marcos Ana, referente da voz libre, vítima e símbolo de loita contra a represión franquista. Un exemplo a seguir que nos deixa o tesouro da súa poesía na que reflicte ese futuro que soñaba e que entre todos e todas traballaremos para facelo posible.
Marcos Ana, poeta e comunista convencido, faleceu aos 96 anos en Madrid. Foi o preso que pasou máis tempo nun cárcere franquista. Sufriu torturas en prisión, onde estivo recluído durante 23 anos, dende que tiña só 19 ata que, grazas á entón recentemente fundada Amnistía Internacional, foi liberado aos 42. Pero aínda tivo tempo para seguir loitando polas súas ideas.
Máis información: