Esquerda Unida valora positivamente a ampliación de Alfonso Molina mais considera que non resolverá o problema da mobilidade, porque os problemas de trafico na cidade non pasan pola mera ampliación das infraestructuras senón que é necesario promover a redución de vehículos mediante a promoción de medios de transporte alternativos, a curto e medio prazo, e, a longo prazo, a través da concienciación cidadá e a promoción doutros hábitos de vida ligados a mobilidade.
A realidade ten demostrados en innumerables ocasións que a ampliación das infraestructuras trae consigo o inmediato aumento de vehículos en circulación, como sucede nas grandes urbes americanas, e, xa que logo, incrementa os problemas medio ambientais, de saúde, ou de ruído, asemade de converter a cidade nunha urbe aínda máis dependente do petróleo, precisamente agora que sabemos da certeza do cénit do petróleo e a consecuente crise enerxética.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes cree que o aumento dun carril en Alfonso Molina debe complementarse cun aparcadoiro disuasorio gratuito á altura do Ofimático conectado con buses lanzadeira. Así evitaríanse a entrada na nosa cidade de miles de vehículos o que desconxestionaría o tráfico en toda a cidade. Por un lado os promotores non poden nin queren construír vivendas no Ofimáitco porque saben que non terán saída, polo outro Fomento e AUDASA asinan un convenio para incrementar un carril na entrada da Coruña, agora xa temos todas as condicións favorables para apostar polo aparcadoiro disuasorio, polo que o concello debe mover ficha e apostar decididamente pola mobilidade sostible e o transporte público colectivo.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “en unha boa nova, mais semella indignante que logo de anos de espera observemos que a ampliación de Alfonso Molina débese a un convenio que favorece os intereses de AUDASA e non para da cobertura as necesidades dos coruñeses, porque está claro que unha empresa privada non asina un convenio si non obtén beneficios”.