Ampliación casa de acollida

 

O acordo  que impulsou Esquerda Unida supuña que no exercicio 2009 se tería procedido a adquirir uns terreos adxacentes a actual Casa de Acollida,  ao obxecto de proceder a ampliala para mellorar e ampliar as actuais prestacións. Hoxe nos despachamos cunhas declaracións que falan dun proxecto que o noso Grupo Municipal descoñece e que non pasou por Comisión: ou se mente ou se furta información aos Grupos, circunstancias ámbalas dúas graves de seu.

 

O noso Grupo Municipal, nas verbas da concelleira Sari Alabau, reclama coñecer o proxecto que se di remitido á Xunta de Galicia. O  noso Grupo   reclama do Goberno Municipal rigor, transparencia   e veracidade nas explicacións referidas a ampliación da Casa de Acollida. Este é un tema de particular importancia social polas persoas e situacións que ten que atender. Cómpre non facer demagoxia e si poñerse de inmediato a traballar, tras ter perdido un ano enteiro en naderías e incumprimentos dos acordos aos que chegou o Goberno con Esquerda Unida.

 

Esquerda Unida insta, xa que logo, á Concellería a cumprir o acordado con Esquerda Unida, para desta maneira mellorar a prestación dun servizo público de primeira necesidade.

Relacionados