Ampliación liña 5 no Birloque

 

Así, si da I Asemblea xurdiron 14 preguntas escritas, unha pregunta oral e unha moción, nesta ocasión emanaron da II Asemblea 17 novas iniciativas, o que amosa o alto grado de participación da veciñanza ilusionada por poder levar ao Pleno do Concello as súas demandas. Algunhas desas iniciativas están relacionadas con temas de mobilidade, como a que estamos a anunciar hoxe.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes denuncia as carencias en canto a mobilidade e transporte público colectivo que teñen que soportar os veciños do Birloque. Non se pode permitir que unha zona de moita poboación atópase illada até o punto de ter que realizar traxectos de case un quilómetro, ata a Avda. Pablo Picasso, para poder coller o transporte público, camiñando por unha zona carente de beirarrúas, mal iluminada e con todos os accesos en pésimo estado. No cabe dúbida de que é imprescindíbel aplicar medidas urxentes para resolver as necesidades en canto a transporte.

 

Xa que logo, Esquerda Unida propón que a liña de autobuses nº 5, amplíe o seu percorrido de xeito que poida cubrir as necesidades da cidadanía, como demandan os veciños da rúa Joaquin Planells, Blanco White e a súa zona de influencia que reclaman que o autobús Nº 5, unha das liñas máis antiga da Coruña, corrixa o seu percorrido de tal forma que ao circular pola rúa Joaquín Planells en dirección a Blanco White, poida estender o seu percorrido, incorporándose á Avda. Salgado Torres ata chegar á Avda. de Glasgow, para continuar o seu percorrido habitual.

 

Instamos ao Goberno municipal para que interveña en defensa dos intereses da cidadanía diante da Compañía de Tranvías para que corrixa de urxencia o dito problema, porque a falta de programación do servizo nesta zona evidencia un claro desdén cos veciños e veciñas do barrio.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “non aceptaremos o argumento de que hai pouca demanda, porque si que existe pero debido as carencias do servizo, non é o suficientemente atractivo para a veciñanza”.

Relacionados