Asemade o noso grupo amosaba o interese por avanzares na procura na excelencia na atención á cidadanía.
Subliñábamos a necesidade de implementar urxentemente a administración electrónica na meirande parte dos trámites administrativos, así como mellorar o sistema informático e as redes de comunicación do Concello, para facilitar a tramitación aos administrados e desconxestionar os puntos de atención ao público do Concello.
Esquerda Unida aposta polo desenvolvemento dun Plan de Reorganización Administrativa Coruñesa (PRAC) que permita incrementar os servizos á cidadanía tano cualitativa como cuantitativamente. O devandito PRAC pretende que redefinir postos de traballo e departamentos, para así, optimizar recursos, gañar en eficacia e mellorar fluxos de traballo. Para asegurar o éxito da devandita reorganización, EU-V propón unha comisión formada por representantes sindicais, habilitados nacionais e representantes do servizo de persoal, así como as diferentes direccións e xefaturas implicadas en cada fase da reorganización.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o Concello dispón dun cadro de persoa de máis de 1500 persoas, mellorando os fluxos de traballo incrementarase a eficacia o que permitirá recuperar servizos externalizados e, así, dispor de máis fondos para mellorar os servizos sociais e reactivar a economía local para mellorar a calidade de vida da veciñanza”.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes preguntará no Pleno si o Goberno municipal aproveitará os fondos europeos para investimento en Administración electrónica, para desenvolver o PRAC, concretamente:
Non considera o Goberno municipal que a incorporación da Coruña na rede de cidades intelixentes, cun achegamento de 8 millóns de euros por parte da Unión Europea para, entre outras cousas, investir na Administración electrónica, semella unha ocasión única para desenvolver en paralelo o devandito PRAC?