Dende Esquerda Unida levamos anos a reclamar unhas pensións dignas e de calidade para combater o empobrecemento das e dos pensionistas galegos, que están a cobrar unhas das pensións máis baixas do Estado.
As persoas maiores están a perder poder adquisitivo día a día e, en moitos casos, comezan a situarse no limiar da pobreza, como xa lles pasa a un 40% das persoas pensionistas de Galicia.
Por todo isto, denunciamos os recortes continuos do goberno do PP, á vez que defendemos unhas pensións dignas para todas as galegas e galegos que, por riba de teren as pensións máis baixas, catro de cada dez contribuíron a soster as súas familias durante a crise.
Non perdas a nosa proposta para termos unha pensión digna dende: