Planificación da economía

 

En España o goberno de Aznar fomentou a burbulla inmobiliaria mediante a facilidade no préstamo e a liberación do mercado do solo, o PSOE en lugar de regular a situación, a mantivo ata que o mercado non  soportou tal cantidade de vivendas novas, provocando a destrución de postos de traballo, aparición de activos tóxicos nas entidades financeiras…

 

Neste sistema, baseado na obtención do máximo beneficio empresarial e non na satisfacción das necesidades da poboación, prodúcense mais mercadorías das que se poden  consumir. Para que existan beneficios precisase vender mais do que se gasta nos salarios dos traballadores, como a suma dos salarios e menor co prezo dos produtos que hai que consumir; prodúcese unha contradición que deriva en crise. Nos últimos anos recorrese aos préstamos para dar saída ao producido aumentando a débeda privada, o Estado tivo que salvar o sistema financeiro aumentando así a débeda pública.

 

Agora o goberno xustifica os recortes como única saída para reducir o déficit, mais oculta que estes se debe a baixada dos ingresos, provocada, ademais de polo descenso da actividade económica, pola deficiente xestión fiscal, a fraude fiscal e a elevada economía mergullada.

 

Por outra banda, os recortes nos sistemas públicos fomentan a súa precarización, A intencionalidade está  ben clara: o inevitable empeoramento da calidade dos servizos públicos que provocarán a inminente privatización dos mesmos para garantir o beneficio do privado a costa do público; por outro lado, a elitización da educación perpetua as desigualdades sociais a través das xeracións.

 

Ante esta situación a Área de Mocidade de Esquerda Unida aposta pola planificación democrática da economía e así garantir as necesidades da poboación, e aumentar os ingresos perseguindo a fraude fiscal, a economía mergullada e aumentando os impostos aos grandes capitais.

Relacionados