Ante as agresións LGTBIfóbicas

O ano 2014 mostrouse especialmente duro para o colectivo LGTBI, xa que, pese aos pasos que se puideran ter dado, este o colectivo social máis preseguido e atacado do Estado. Este pasado venres 12, aínda houbo unha nova agresión a unha parella de homosexuais por parte dun grupo de neonazis en Madrid, só un exemplo do acontecido nos últimos meses.

Isto é algo que xa coñeciamos de antes, os ataques físicos ás persoas LGTBI están moi á orde do día nunha sociedade que está baixo a influencia do heteropatriarcado, impulsado por unha Igrexa Católica que só sabe enviar mensaxes de odio contra o que está fóra das súas regras e unhas institucións que non acaban por dar os pasos necesarios para evitar esta violencia.

Leis como a galega de “visibilización” do colectivo LGTBI non son suficientes, principalmente porque non garanten a protección da diversidade afectiva e sexual que existe no pobo. Recentes protocolos contra os delitos de odio como o aprobado polo Ministerio de Interior, se ben son pequenos pasos importantes, non acaban de seren suficientes. Temos que seguir conquistando os nosos dereitos.

Os colectivos LGTBI e organizacións de esquerda teñen moi claros os obxectivos, e non se pode ocultar a indignación cando o Goberno do Partido Popular aproba leis para reprimir e silenciar ao pobo como a “Lei Antiprotesta” en vez de aprobar leis que garantan a súa protección, a súa liberdade e unha vida digna.

Queda ben demostrado os intereses aos que obedece o PP. Dende a Área de Liberdade de Expresión Afectivo-Sexual de Esquerda Unida (ALEAS-EU), ao carón dos colectivos e activistas LGTBI, seguiremos loitando polo que cremos correcto: leis contra os crimes de odio e contra a discriminación, contra o acoso escolar, pola visibilización, etc, ademais de responder aos ataques LGTBIfóbicos e fascistas onde corresponde: nas rúas!

Relacionados