Así mesmo, o Consello Político Local pide unha investigación que esclareza os feitos e as posibles responsabilidades do estaleiro na vixilancia e cumprimento da lexislación en materia de seguridade e saúde laboral.
O Consello Político Local quere poñer de manifesto que o constante deterioro das condicións laborais nos estaleiros da Ría, con excesos de xornada e diminución de salarios, incumprimento de convenios e solapamento da negociación colectiva, que inciden directamente na siniestralidade laboral, polo que pula por un plan estratéxico para o sector naval público que antepoña os intereses da clase traballadora á procura dos beneficios empresariais.